miércoles, 4 de abril de 2018

SEGUNDA PROBA DO GALEEGO ALEVÍN E CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMÍN EN PONTEVEDRA

O vindeiro sábado 7 de abril terá lugar a segunda proba do Campionato Alevín en Pontevedra, celebrándose esta conxuntamente co Campionato Provincial Benxamín.

Tras a primeira das catro probas alevíns previstas, celebrada a finais do mes de xaneiro en San Sadurniño, as promesas do noso deporte volverán a reunirse para seguir sumando puntos con vistas ao título autonómico, nesta ocasión no Centro de Tecnificación Deportiva na cidade de Pontevedra.

Nestas probas previas á gran fase final, cada equipo sumará puntos para o seu Club, polo que a responsabilidade recae en todos os conxuntos participantes. Os 10 primeiros en cada unha das probas sumarán, e ata o remate non teremos os participantes da Fase Final do Campionato Galego Alevín.

Por outra banda, os Benxamíns celebran o seu Campionato Provincial, no que os mellores equipos da zona loitarán para obter o título de Campión de Voleibol Benxamín Pontevedra 2017-2018. Os máis cativos do noso deporte demostrarán que hai canteira e que o presente pontevedrés pisa forte.
Fonte:FGVB

No hay comentarios: